Dende esta plataforma poderá descargar cun simple click os ficheiros dos produtos cartográficos xerados no Instituto de Estudos do Territorio en formatos abertos.
Ponse a disposición da cidadanía un gran número de series cartográficas que abarcan a totalidade do territorio en formato PDF e ficheiros LAS correspondentes á cobertura LiDAR de Galicia. De forma progresiva incorporárase o máximo de información do interese xeral vencellada ao territorio e accesible de forma intuitiva e xeográfica.
Para consultar máis información, servizos de mapas e demáis prema aquí
A Xunta, consciente da natureza estratéxica que posúe a información xeográfica está a dar un paso máis para crear os medios necesarios para localizar, avaliar e pór a disposición da cidadanía a totalidade dos datos territoriais dispoñibles nos diferentes niveis da nosa administración. Sirva esta plataforma para seguir na liña de transparencia e libre acceso á información do territorio galego a través das novas tecnoloxías.
Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
O seu navegador non cumpre os estándares W3C
Para poder visualizar esta páxina web correctamente,
recomendámoslle empregar algún dos seguintes navegadores libres e gratuítos:
Google Chrome
Firefox
Safari